Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz Plataforma de Futuro “cumpre un dos seus compromisos electorais e dona o 20% da súa asignación a asociacións benéficas do municipio”

“Como é sabido polos veciños e veciñas de Foz,un dos compromisos electorais de ‘Foz, Plataforma de Futuro’ era reducir un 20% a asignación económica dos Concelleiros polas asistencias a Plenos e comisión, e máis reducir tamén a consignación presupostaría outro 20% ós Grupos políticos da Corporación Municipal para destinar este diñeiro a loitar contra o paro”

‘Foz, Plataforma de Futuro’ facía esta proposta no Pleno de organización da nova Corporación Municipal o pasado 8 de xullo; pero o PP, PSOE e BNG votaban en contra. Por conseguinte, non era aprobada. Neste momento, “FPF decide que os seus Concelleiros e a formación política, cando cobren das arcas municipais, desconten o 20% para destinar a asociacións benéficas do noso Concello. O pago do Concello foi feito ós Concelleiros no mes de decembro e á formación política no mes de xaneiro. Polo tanto, estamos a falar dun período de 6 meses”.

“Despois de facer o desconto do 20% destas dúas aportacións, a cantidade resultante son 707€ destes 6 primeiros meses, que en asamblea de seguidores de “Foz, Plataforma de Futuro” celebrada o pasado 25 de xaneiro por unanimidade se decide que se vai doar esta primeira aportación á Asociación Asistencial Protectora de Animais de Foz, facendo entrega desta cantidade mediante transferencia bancaria na semana pasada ós seus representantes”.

A próxima doazón procederase a facer no momento en que os Concelleiros e a formación política cobren os seguintes 6 meses e, novamente en asamblea de seguidores de FPF, decidirase a que asociación benéfica do concello de Foz se destinará esa partida económica.

Exit mobile version