Site icon Crónica3.com A Mariña

FPF insta ao Concello de Foz a actualizar os números das vivendas das parroquias e a manter limpa a zona de Curbeiro e a estrada entre o cámping San Rafael e a praia da Pampillosa

O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Foz deste xoves 25 de febrero comezaba gardando un minuto de silencio en lembranza de catro mozos do noso Concello que fai dez anos perdían a súa vida nun fatídico accidente de tráfico nas nosas rúas.

“Foz, Plataforma de Futuro” levaba tres mocións para ser debatidas, sendo aprobadas as tres pola Corporación Municipal, o que demostra unha vez máis, a importancia dos temas para os veciños e veciñas do noso Concello, que a nosa formación leva para o seu debate.

Así mesmo, algunha delas xa se está executando nestes días. Parece que o equipo de goberno do concello de Foz está a espera de que FPF faga as súas peticións, para poñerse a traballar, o cal nos alegra, por unha banda e por outra nos preocupa que este goberno non sexa capaz de ver as necesidades máis básicas dos veciños e veciñas.

A primeira moción que se debatía foi para instar ó equipo de goberno do Concello de Foz para actualizar os números das vivendas nas parroquias do noso Concello, para favorecer o traballo que desenrolan nas parroquias os distintos operarios de empresas que teñen a necesidade de achegarse ás vivendas para realizar calquera traballo, ou entregar mesmo algún paquete. Atopámonos con números repetidos nalgúns casos, noutros non hai número á vista e noutras zonas non están nunha orde axeitada para a súa orientación.Esta moción foi aprobada por unanimidade da corporación.

A segunda moción que se debatía foi para instar ó equipo de goberno do Concello de Foz para adecentar a zona do Curbeiro no Casco Urbano, unha zona moi concorrida do noso Concello , xa que alí se atopa a E.D.A.R, a piscina municipal, as casetas dos mariñeiros, unha fonte pública, a zoa de aparcamento das autocarabanas, faise o mercado semanal, fanse as festas ou atópanse tamén as instalacións da Asociación asistencial da protectora de animais.Esta zoa sofre un importante abandono, cunha considerable falta de mantemento en limpeza, e coidado medioambiental, inclusive invadindo a maleza a zoa da nave municipal e mais os seus utensilios, así mesmo existe un camiño que dá aceso a unhas vivendas alí existentes que moitas veces ten que proceder a limpar un veciño do lugar, denunciamos, tamén unha falta de iluminación daquela zoa, unha fonte imposible de acceder a ela, etc.Así mesmo entendemos tamén dende FPF que pódese negociar con dous particulares para poder utilizar dúas fincas na Rúa Rondalla Latexos para crear aparcamentos municipais nunha zoa moi céntrica da nosa Vila. Esta moción foi aprobada cos votos favorables de todos os partidos da oposición e a abstención do PP.

E a terceira moción foi para instar ó equipo de goberno do Concello de Foz para adecentar correctamente a estrada que une o cámping San Rafael e a praia da Pampillosa en Fazouro, unha estrada cun importante paso de tráfico que se atopa nun estado lamentable, con importantes fochancas e remendos ó longo do seu traxecto, é tal o mal estado do seu firme, que está a provocar que a xente que a utiliza vai facendo un novo paso de vehículos polo arcén.Moción aprobada por unanimidade.

No punto número 4 da orde do día, FPF apoiou a ordenanza que presentaba o equipo de goberno sobre transparencia e acceso á información pública, unha ordenanza na que se publicarán todas aquelas cousas en relación co gasto público, gasto dos Concelleiros ,grupos municipais,etc.. e información en xeral que calquera veciño do noso Concello debe e pode saber.Entendemos que é un avance moi importante en pos dunha transparencia pública e real, dándolle os veciños e veciñas toda a información que precisen sobre a vida pública municipal e esperemos que estea en funcionamento o antes posible.

No punto número 5 da orde do día, FPF abstívose na modificación das bases da delegación de facultades realizada en materia de xestión,liquidación, recadación e inspección tributaria na Deputación Provincial de Lugo. Despois de que no pleno do mes de Xaneiro se aprobara sacar o servizo de recadación do noso Concello cos votos favorables do PP e BNG, neste pleno de febreiro ía a modificación de dous puntos para adaptalos á nova redacción do que se aprobara na Deputación nos últimos tempos, en coherencia coa votación do pasado pleno do mes de xaneiro onde FPF votou en contra de pasar o servizo de recadación ó ente Provincial. Estamos en contra que se leve o servicio de recadación municipal para Lugo, pero non podemos estar en contra dunha rebaixa económica do servizo que presta a Deputación Provincial, xa que é beneficiosa para o Concello. Por iso FPF, abstívose.

Exit mobile version