Site icon Crónica3.com A Mariña

FPF insta mediante moción á actualización dos números das vivendas nas parroquias focenses

Foz, 22 de febreiro de 2016.- O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro,Luís Alfonso Sixto Legaspi,Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O noso Concello ten numerosas parroquias, así mesmo nestas parroquias existen numerosas vivendas e como consecuencia do rural galego a dispersión destas é moi importante, sen embargo, atopámonos no noso Concello que dende fai anos non se fixo unha actualización dos números das distintas casas existentes,así mesmo durante este periodo de tempo puido darse o caso de que algunha vivenda desaparecese e se fixeran moitas novas, números que son moi importantes para a localización en caso de correo, notificacións,etc,etc..
Sen embargo atopámonos casos no que os números están repetidos, ou mesmo non teñen unha orden lóxica.

Por todo o anteriormente exposto e os veciños e veciñas que no lo pediron propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:

-Instar ó Alcalde de Foz e ó seu equipo de Goberno a levar a cabo a actualización dos números das vivendas nas nosas parroquias, para que o súa numeración sexa correlativa, evitando a duplicidade de números e facilitando así o traballo das persoas que teñen que realizar diversos traballos na nosa zoa rural.

Exit mobile version