Site icon Crónica3.com A Mariña

FPF insta mediante moción ao goberno municipal de Foz a adecentar a zona do Curbeiro

O CURBEIRO-JUAN 5Foz, 15 de febreiro de 2016.- O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:

Exposición de motivos
Nos últimos tempos veciños da zona do porto, mais concretamente a zona conocida como o Curbeiro nos chamaron para que nos pasáramos a comprobar cos nosos propios ollos o estado no que se atopa aquela zona.

Unha zona que visita moita xente por distintos motivos, alí se atopa a nave do Concello, se atopa a E.D.A.R, se atopa a piscina municipal, as casetas dos mariñeiros, unha fonte pública, zona de aparcamento das autocaravanas, se fai o mercado semanal, se fan as festas, as instalacións da Asociación asistencial da protectora de animais de Foz, etc,etc. Así mesmo aproveitando un camiño público que baixa pola Rúa Rondalla Latexos é paso de rapaces e non tan rapaces como aceso a aquela zona.

En días pasados efectivamente Concelleiros de FPF estivemos vendo aquela zona e comprobamos o estado verdadeiro no que se atopa.

-O camiño público que une aquela zona tanto dende a baixada Rondalla Latexos como dende a Rúa da Fonte, a limpeza é bastante deficiente, e moitas veces é un propio veciño quen a fai para poder aceder á súa vivenda, ademais ese camiño necesitaría unha capa de zahorra para nivelar o seu traxecto xa que en inverno acumula auga no seu discorrer e faise difícil o seu paso, este mesmo camiño non se sabe moi ben o seu recorrido nin a seu ancho, e como expoñiamos anteriormente é paso bastante utilizado para os xóvenes e non tan xóvenes que o utilizan para por exemplo baixar á piscina, así mesmo nalgunha zoa sufriu algún desprendemento o que o fai perigoso para o seu uso.

1-Onde esta a nave municipal podemos comprobar como a maleza está pasando por encima desta(as fotos creemos que son claras).

2-Nesa zona existe unha fonte pública,coñecida como fonte do Curbeiro, realmente está aí debaixo dun tremendo matorral, aínda que non o pareza.

3-Así mesmo nesa zona que rodea a nave municipal e está invadida de maleza, debaixo desa maleza están numerosos enseres municipais que se pode imaxinar en que estado se encontran.

4-Ó lado da nave de Martín Beltrán aló polo ano 97 fíxose por parte dunha Escola Taller unha fonte para use e disfrute dos veciños, e podemos comprobar a fecha de hoxe en que estado de abandono total se atopa.

5-Así mesmo vemos como a piscina municipal ten uns focos conectados ó alumeado público para dar luz á zona das placas solares,e mais á zoa donde se atopan as instalacións da protectora de animais, sen embargo de catro que poderían estar alumeando soamente funciona unha, deixando a escuras case a totalidade da zona.

6-Así mesmo si fora posible e dende FPF entendemos que si o é, ó final da Rúa Rondalla Latexos atópanse dúas fincas, que se podería falar cos donos a posibilidade de ceder ó Concello mentres non as edifiquen para aparcadoiros municipais, do cal o noso Concello está bastante necesitado sobre todo no verán ou os martes día do mercado semanal, e así mesmo tamén pensando no futuro coa obra que hai previsto facer nas Rúas Alvaro Cunqueiro e Avda. da Mariña.

7-O estado de abandono desta zona fai que sexa un criadeiro de ratas, bichos, etc.

Por todo o anteriormente exposto e os veciños e veciñas que no lo pediron propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:

-Se tomen as medidas oportunas por parte do Alcalde e o seu equipo de Goberno para proceder a solventar as deficiencias anteriormente mencionadas na exposición de motivos, no menor curto de tempo posible, entendemos dende FPF que as primeiras medidas a tomar serían a limpeza da zona pola saúde e convivencia dos veciños, usuarios e visitantes, así como o adecentamento do camiño público para use e disfrute dos que por alí pasan, así como a correcta iluminación desta zona para evitar posibles acidentes e roubos, e a continuación solucionar o resto dos problemas que non son poucos para unha zona tan concurrida e á vista de numerosa xente.

Exit mobile version