Site icon Crónica3.com A Mariña

FPF solicita a reposición dun espello en Marzán, a colocación dun contedor en Arealonga, e a limpeza xeral das fontes públicas do concello de Foz

Foz, 4 de febreiro de 2016.- Neste pasado pleno do Concello de Foz do 28 de Xaneiro “Foz, Plataforma de Futuro” presentou tres rogos ó alcalde e o seu equipo de Goberno para a súa realización no menor tempo posible.

O primeiro rogo consistía en pedirlle ó Alcalde e ó seu equipo de Goberno que procedan á reposición dun espello no cruce situado na Rúa Pena Parda en Marzán á altura do apeadeiro do tren.Este espello falta de aquí dende fai un certo tempo, e realmente é moi necesario para garantir a seguridade viaria deste punto.

O segundo rogoconsistía en pedirlle ó Alcalde e o seu equipo de Goberno que procedan a colocar un colector de lixo na praia da Arealonga en Nois, unha praia moi concorrida non só en verán senón tamén en inverno onde acoden numerosos surfeiros e non teñen onde tirar o lixo que xeran, normalmente desperdicios de comida.

E o terceiro rogo solicitámoslle ó Alcalde e ó seu equipo de goberno procedan a facer unha limpeza en xeral de todas as fontes públicas do noso Concello, fontes que a maioría están nun importante estado de abandono e fontes que son moi utilizadas polos veciños do noso Concello

Neste Pleno tamén “Foz,Plataforma de Futuro” realizou tres preguntas:

-Solicítalle ó Alcalde de Foz información de ¿cando se van a retomar as obras da estrada da costa?

Resposta:Van a comezar o antes posible sempre e cando as inclemencias do tempo meteorolóxico o deixen.

-Preguntamos tamén ¿cando pensa convocar o Alcalde a primeira reunión da comisión da Escola de Música?
Resposta:Primeiro van incrementarse as horas da escola de música, e hai sobre a mesa outras moitas cousas urxentes antes.

-Preguntamos neste caso ó Secretario Municipal sobre si os seus informes municipais son “opinións” ou reflexo da normativa legal existente, xa que o Alcalde do noso Concello neste Pleno dixo que os informes do Secretario Municipal eran opinións.

Resposta: Opinión da normativa legal existente e sempre da legalidade.

Exit mobile version