Site icon Crónica3.com A Mariña

Lanteiro, o esquecido

40 anos se cumplen do primeiro libro publicado (1976) sobre a igrexa de San Martiño. Afanábase o cronista na precura de información sobre a vella catedral, co fin de documentar o traballo que diu lugar á edición “Guía Histórica e Artística de San Martiño”e naquel arquivo ollou un vello documento que dí: “1861 foi crucial para o mosteiro, a punto de ser derrubado,co que sucumbirían séculos de historia, privando ás xeracións vindeiras de contemplar tan orixinal monumento e ós estudosos da arte de indagar nas pedras milenarias”.

Foi así: o 28-2-1861 (hai 155 anos) afundiuse o teito da nave central e con él o coro, e como os ábsides xa se atopaban rachados, xurdíu o dilema de derrubar e facer outra nova. Por ser Real Priorato e depender da Coroa deuse conta a Madrid e, co fin de recoñecela, de orde do Goberno, trasladouse ó lugar o arquitecto Angel Cosuí o 16.4.1861 e o 22.1.1862 outro da Coruña, José Noya; ambos inclinábanse polo derrube e levantar outra a expensas da Coroa; o Cura Prior don Salvador Pardo, contrario a tal solución,acudíu ó Bispo, don Ponciano de Arciniega, en demanda de protección e axuda económica quen comisionou ó mestre de obras mindoniense Francisco Lanteiro que, examinadas as secuelas, comprometeuse co Bispo a reparalas e manter en pé o cenobio.

Como o Prelado confiaba na súa honradez e capacidade- di a crónica- facilitou fondos ó Prior e Lanteiro realizou a obra para celebrar nel, como así foi, o San Martiño o 11.11.1866.É evidente que os contrafortes resultan exóticos, pero grazas a eles, din os expertos, mantense en pé a basílica, feito que acaso se deba a Lanteiro porque, de non aceptar o reto o mais probable forque se consumasen os veredictos dos dous técnicos que informaron ó Goberno e que a estas alturas leváramos preto de dous séculos sen esta xoia da historia e da cultura que tanto interese esperta. Ista é a versión real do papel trascendental de Lanteiro no currículo do monumento e a quen apenas se cita, envolto en lamentable oscurantismo, víctima dun esquecemento que o cronista ten advertido nos seus escritos; un lapsus que coida que en boa medida se pode rectificar: tendo en conta que os contrafortes polo seu exotismo e volume é o primeiro elemento constructivo que atrae a atención dos que chegan ó lugar, suxerimos nun deles unha inscripción discreta que, en poucas palabras, conte a historia que antecede para que os visitantes a coñezan e teñan noticia de Francisco Lanteiro, persoeiro digno de ser lembrado.Queda aquí a suxerencia.

Exit mobile version