Site icon Crónica3.com A Mariña

Lídia Senra participará nunha delegación do PE a Euskal Herria para obter información sobre DDHH

Bruxelas, 12 de febreiro de 2016.- Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), participará este luns 15 e martes 16 nunha delegación do Parlamento Europeo integrada por sete eurodeputadas/os -pertencentes a tres grupos parlamentarios- que se desprazarán a Euskal Herria (Hegoalde e Iparralde) para manter unha intensa axenda de xuntanzas a fin de adquirir información ao respeito da denuncia realizada por representantes da organización Etxerat durante a visita realizada ao Parlamento Europeo en marzo de 2015 en relación ao incumprimento da salvagarda dos dereitos humanos dos presos e presas vascas.

Xunto á eurodeputada galega desprazaranse ao territorio vasco a Presidenta do Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL), Gabi Zimmer (Die Linke); o Vicepresidente do Grupo Verdes/Alianza Libre Europea (Verdes-ALE), Josep-Maria Terricabras (Esquerra Republicana de Catalunya, ERC); e as eurodeputadas/os Martina Anderson (Sinn Féin), Malin Björk (Vänsterpartiet), Tatjana Ždanoka (Latvijas Krievu Savienība) e Mark Demesmaeker (Nieuw-Vlaamse Alliantie, N-VA).

Esta delegación ten previsto reunirse con representantes de institucións e partidos políticos, asociacións de dereitos humanos, familiares de presas/os, sindicatos e outros actores da sociedade civil. Cómpre subliñar que están xa fixadas tamén reunións co Parlamento do País Vasco e Navarra.

A comisión parlamentaria dividirase en distintos grupos a fin de poder cubrir un completo programa que abarca máis de vinte encontros que se desenvolverán nas cinco capitais vascas
Ademais, a xornada do martes comezará ás 10.00hrs. en Baiona, onde unha parte da delegación entrevistarase con unha ampla representación de partidos políticos e axentes sociais de Iparralde.

Os resultados do informe resultante desa misión serán presentados publicamente no mes de abril no Parlamento Europeo.

Exit mobile version