Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de 160 persoas se achegaron a disfrutar do Recital de Habaneras organizado pola Asociación Terras da Mariña en San Cibrao

12745766_212915949063354_3962897308925008320_n23 de febreiro de 2016.- O recital de habaneras organizado pola Asociación Terras da Mariña convocou o pasado sábado no auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao a máis de 160 persoas para disfrutar da actuación de Mar Aberto, de Foz, e Escolma de Meus, de Viveiro. Ambas agrupacións ofreceron un espectáculo centrado nas habaneras pero facendo tamén paradas en outros estilos musicais, e deixaron encantado ao público asistente. Ademáis de cantar por separado, xuntáronse para interpretar como entreacto o coñecido tema “Lela”.

Foi colaborador especial do acto o Concello de Cervo, e patrocinaron: O Forno de Pepe, Suministros San Ciprián, Floristería Pétalos, Carnicería Ben & Vior, Librería Cantigas, e Ferretería e Bazar Cándido, todos eles de San Cibrao; Establecimientos Rey (Xove), Restaurante Sierra (Vilar, Lago, Xove), Sitio (Burela) e DeportIbérica (Lalín).

Este recital serviu como inicio dunha serie de eventos organizados por Terras da Mariña que se irán anunciando en próximas datas.

Exit mobile version