Site icon Crónica3.com A Mariña

Margarita López Sanmartín é a afortunada co premio de San Valentín que sorteou o hotel restaurante O Cabazo

160216 Foto sorteo O CabazoRibadeo, 16 de febreiro de 2016.- No hotel restaurante O Cabazo tivo lugar na tarde deste martes o sorteo dunha noite na suite do establecemento con botella de cava e almorzo incluidos. Todas as parellas que acudiron a celebrar San Valentín ao Cabazo e degustaron o menú elaborado para a ocasión entraron en dito sorteo. A afortunada foi Margarita López Sanmartín.

A man inocente da pequena Ariadna Millet foi a encargada de extraer a papeleta afortunada. A nena estivo acompañada polos propietarios do hotel restaurante O Cabazo, Juan López e Carmen García.

A dirección de O Cabazo tivo palabras de agradecemento “para todas as parellas que quixeron celebrar San Valentín entre nós. Estamos moi satisfeitos da acollida que tivo a nosa proposta. Seguimos e seguiremos traballando para ofrecer a mellor atención, o mellor servizo e a mejor cociña á nosa clientela”.

Exit mobile version