Site icon Crónica3.com A Mariña

Maxia con Luis Boyano en Burela

l-boyanoA Delegación Municipal de Cultura do Concello de Burela, dentro da súa Programación Cultural, presenta para este sábado, 13 de febreiro, ás 17.30 horas a actuación do mago LUIS BOYANO co seu espectáculo “30 Anos de Maxia e Humor”. O pase será para público familiar no auditorio da Casa da Cultura e terá un prezo de 2´50 euros de entrada.

Nesta ocasión LUIS BOYANO preséntanos un espectáculo familiar, no que os nenos serán os protagonistas sin esquecer aos pais, que participarán activamente ao longo do espectáculo.

Cada unha das comedias de situación que se crean improvisadamente na sala, é aderezada con elementos de mimo, clow e texto. Faranse xogos con panos, botellas, cordas, e con outros elementos cotidians que farán un espectáculo con moitas risas, moita improvisación e moito amor.

O público disfrutará participando durante unha hora das imaxes e propostas que se lle ofrecen en forma de xogos e sketchs MAXICOS.
A Maxia convertese no vehículo transmisor de emocións a través da canle da risa.

Exit mobile version