Site icon Crónica3.com A Mariña

Medio Ambiente colaborará co Concello de Riotorto en proxectos de saneamento

A conselleira de medio Ambiente recibe ao alcalde de RiotortoSantiago, 8 de febreiro de 2016.- A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, confirmoulle na mañá deste luns ao alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias, que colaborará co concello nos proxectos de saneamento para varios núcleos deste municipio. Para tal fin, ambas administracións iniciarán agora os traballos técnicos para redactar os diferentes proxectos, co obxectivo de poder definir as actuacións máis urxentes e poñer en marcha os traballos ao longo deste ano.

A titular do departamento autonómico mantivo unha reunión co rexedor, na que tamén participou o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, e na que lle trasladou que o Goberno galego colaborará no financiamento.

Así mesmo, neste encontro acordouse que a Consellería de Medio Ambiente financiará a redacción do proxecto da obra de canalización do Rego do Val, unha actuación que, segundo explicou o alcalde, é prioritaria para este ente municipal.

Exit mobile version