Site icon Crónica3.com A Mariña

Mujeres en Igualdad Burela di non á violencia de xénero

Mujeres En Igualdad Burela saía novamente á rúa para condenar o último caso de Violencia de Xénero ocorrido en Becerreá, onde unha nova muller perdía a vida dun disparo a mans da súa ex parella e un dos seus fillos, menor de idade, sufría tamén feridas a consecuencia desta agresión.

MUJERES EN IGUALDAD BURELA unha vez máis dixo NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO! TOLERANCIA CERO! NIN UNHA MÁIS! diante da Praza do Concello de Burela, onde unha muller da asociación se dirixía aos asistentes para pedir que isto non se volva a repetir e que se pare xa de asasinar e maltratar a mulleres por machismo.

“Hai que ter en conta, que na maioría dos casos onde unha muller é agredida ou asasinada, non só ela esta sufrindo ese maltrato, senón que os propios fillos da vítima están sufrindo tamén a Violencia de Xénero e as súas consecuencias. Por iso, debemos concienciar moito máis á poboación, para que esta lacra pare xa! Non nos cansaremos nunca de condenar a Violencia de Xénero saíndo á rúa as veces que sexan necesarias para gritar NON, Á VIOLENCIA DE XÉNERO!”, di Mary Fraga, Presidenta de Mujeres en Igualdad Burela.

O colectivo agradece a todos os asistentes a súa participación e colaboración na loita Contra a Violencia de Xénero. “Unidos, xuntos, conseguiremos frear esta lacra social”.

Exit mobile version