Site icon Crónica3.com A Mariña

Mujeres en Igualdad Burela volve saír á rúa para amosar a súa repulsa á violencia de xénero

20160224_145622Burela, 24 de febreiro de 2016.- Mujeres en Igualdad Burela condenou cunha concentración a violencia de xénero, na mañá deste mércores diante do Concello de Burela, á cal asistiron varios representantes políticos, representantes do Sergas, traballadores do Concello de Burela, veciños, voluntarias de Mujeres en Igualdad Burela e mulleres e familiares que sufriron a Violencia de Xénero en primeira persoa, para gardar un minuto de silencio e condenar o ultimo caso de Violencia de Xénero ocorrido en Zaragoza, onde unha muller, de menos de 40 anos perdía a vida en presenza do seu fillo menor, a mans da súa parella.

Un neno orfo máis que pasará a engrosar máis a lista de menores orfos Vítimas da Violencia de Xénero!

Unha muller morta máis Vítima de Violencia de Xénero que tamén pasará a formar parte dunha lista interminable de mulleres mortas Vítimas de Violencia de Xénero!

Ata cando temos que seguir sufrindo esta secuela? Cando van deixar de aumentar esas estatísticas de mortes por Violencia de Xénero? Que fai falta para concienciar á poboación de que isto que esta sucedendo debe parar?

Nin unha máis!

Tolerancia cero!

Exit mobile version