Site icon Crónica3.com A Mariña

Mujeres en Igualdad convoca un concurso de ilustración dentro da campaña para a erradicación da mutilación xenital feminina

10 de febreiro de 2016.- A Confederación Nacional Mujeres en Igualdad convoca este primeiro Concurso de Ilustración dentro da campaña de erradicación da Mutilación Xenital Feminina.

Poden participar artistas de calquera nacionalidade que residan en territorio español, con obras orixinais e que non fosen premiadas en ningún outro concurso. Poderán presentala a título individual ou en equipo. Se fosen menores de idade, deberá contar coa autorización expresa dos seus pais ou titores legais.

Cada autor ou grupo poderá presentar un máximo de cinco ilustracións.

O periodo de recepción de obras prolongarase do 1 de marzo ao 14 de abril de 2016. O fallo do xurado farase público o 20 de maio de 2016.

A temática da ilustración será a Mutilación Xenital Feminina e a técnica libre.

Premios
As obras seleccionadas publicaranse no Manual de Prevención da Mutilación Xenital Feminina: Boas Prácticas, que se editará en castelán, francés e inglés, cun total de 14.000 exemplares en papel e 1.000 en memoria usb.

Dito manual será distribuído en organismos públicos e privados nacionais como bibliotecas, IES, colexios, universidades, casas de muller, casas de Cultura, centros de integración, Servizos Sociais, asociacións, axentes sociais, particulares, etc.

Outorgaranse tres premios.

A imaxe do gañador ocupará a portada do Manual de Prevención da Mutilación Xenital Feminina: Boas Prácticas e o primeiro premiado recibirá, ademais, unha Tablet ou similar, así como un poster da ilustración enmarcado con mención do 1º premio do e 30 exemplares do manual.

As bases pósense consultar aquí: http://www.mujeresenigualdad.com/files/portalcontenidos/1680/documentos/Bases.pdf

Exit mobile version