Site icon Crónica3.com A Mariña

Mujeres en Igualdad renova o seu compromiso pola erradicación da Mutilación Xenital Feminina

A Conferencia Nacional Mujeres en Igualdad desenvolverá no 2016 o seu segundo programa – subvencionado pola Dirección General de Migraciones (Ministerio de Empleo y Seguridad Social) e cofinanciado polo Fondo de Asilo, Migración e Integración (FAMI)- para sensibilizar e erradicar a Mutilación Xenital Feminina (MGF).

En concreto, a asociación actualizará o contido do “Manuel de Prevención de la Mutilación Genital Femenina: Buenas Prácticas” e editará un novo en castelán, inglés e francés cun total de 8.000 exemplares en papel o primeiro e 3.000 o segundo e terceiro. Tamén se distribuirán 1.000 copias en memoria USB.

A difusión a través destes tres idiomas permitirá sensibilizar, potencialmente, a 470 millóns de hispano falantes, 375 millóns de poersoas de fala inglesa e 77 millóns de francófonos.

Este manual é de recoñecido prestixio a nivel nacional, xa que o Goberno de España o incluíu no informe que Nacións Unidas lle solicitou en decembro do 2914 sobre a Resolución 27/22, aprobada o 26 de setembro de 2014, de “Intensificaicón de los refuerzos mundiales e intercambio de buenas prácticas para la eliminación efectiva de la mutilación genital femenina”.

Será presentado publicamente en Valencia a partir do vindeiro mes de xuño.

Hai que lembrar que, en España, esta práctica é un delito segundo recolle o Código Penal no seu artigo 149.2 con penas de prisión de 6 a 12 anos.

“O que causara a outro unha mutilación xenital en calquera das súas manifestacións será castigado coa pena de prisión de seis a doce anos. Se a vítima fora menor ou incapaz, será aplicable a pena de inhabilitación especial para o exercicio da patria potestade, tutela, curatela, garda ou acollemento por tempo de catro a 10 anos, se o xuíz o estima adecuado ao interese do menor ou incapaz”.

Tolerancia cero
O vindeiro sábado 6 de febreiro celébrase o Día Internacionl de Tolerancia Cero coa Mutilación Xenital Feminina.

Exit mobile version