Site icon Crónica3.com A Mariña

Nace en Alfoz Twevento, unha nova firma de organización de eventos

Alfoz, 16 de febreiro de 2016.- Esta semana presentase Twevento, a firma de Tamara Casabella e Raquel Hermida, dúas emprendedoras que desde Alfoz apostan por unha nova liña de negocio na Mariña lucense enfocada ao deseño, xestión e organización de eventos, tales como vodas, comuñóns, bautizos, talleres, charlas… Segundo nos indican Tamara e Raquel, “prefirimos non ser unicamente coñecidas como “wedding planners”, xa que aparte das vodas, tamén deseñamos e elaboramos detalles e regalos diferentes, creativos, orixinais e innovadores, feitos á man, con amor e sempre respectando a natureza”.

Estas dúas emprendedoras converterán os lugares de celebración en fantasía, onde os convidados podan esquecerse de todo e somerxerse nun mundo de ilusión. Calquera pequeno detalle é importante xa que reflexa o que máis lle gusta aos clientes, o que queren e sobre todo o que son, pois cada acontecemento é diferente e especial, “o mellor de Twevento e a nosa forma de traballar apostando polo cliente e sempre adaptándose ao seu presuposto” apuntan Tamara e Raquel.

En Twevento dispoñen dunha ampla carta de servizos, con todos os detalles para cada evento, dende preparación e oficio da cerimonia civil, pasando pola decoración do salón, dos xardíns, a música, a fotografía e a animación, ata as invitacións e os regalos dos convidados, todo seguindo unha mesma harmonía.

Raquel Hermida e Tamara Casabella son, como elas se definen “dúas almas xemelas do deseño, a creatividade e a ilusión”, que despois de descubrir todo o que teñen en común deciden xuntarse e formar este proxecto pioneiro na Mariña lucense, afincado en Alfoz, pero con espírito global e sen pechar portas a outros lugares, xa que teñen encargos de fora de Galicia.

Exit mobile version