Site icon Crónica3.com A Mariña

Nordés anuncia que non quedan prazas para o Obradoiro de Fotografía

25 de febreiro de 2016.- Nordés convocou fai unha semán polas redes sociais, a través do seu facebook e enderezo electrónico, a apertura do prazo para a inscrición no 1º Obradoiro de Iniciación á Fotografía a celebrar no Vicedo os días venres 26 e sábado 27, e con un límite de 15 plazas sen custe algún, as cales foron cubertas, polo que, ainda que xa non se aceptan novas inscriciós, convídase ás persoas que estén interesadas a facerllo saber a Nordés cunha mesaxe ó mail asociacion.nordes@gmail.com para telo en conta en futuras ediciós.

Os contidos que se desenvolverán durante o curso é de iniciación ás cámaras réflex/compacta e está pensando para adaptarse aos coñecementos dos usuarios. Principalmente, manexo e configuración da cámara e explicación das diferentes partes dela, para entender, logo, os parámetros principais para facer fotografía, conceptos básicos como enfoque, exposición e outros como profundidade de campo. O máis avanzado, en certo modo, será o tratamento dixital en branco e negro de determinadas fotografías, pero é algo que queda para o sábado e depende do ritmo do grupo e das explicacións e comprensión delas mesmas.

A Asociación amósase moi satisfeita pola resposta que están tendo as actividades que organiza, e quere facer un chamamento a tódalas persoas interesadas en participar nas próximas convocatorias, ou incluso en asociarse e colaborar coa súa presenza e propostas, decir que poden facelo no estabelecemento hosteleiro “Bar Queiro”, no pobo do mesmo nome, ou na Libreria Abrela do Vicedo, e tamén facendoo saber por mail enviado ó devandito enderezo electrónico ou falando con Ricardo, portavoz de Nordés 653756454.

Exit mobile version