Site icon Crónica3.com A Mariña

Nordés organiza un obradoiro de iniciación á fotografía no Vicedo

obradoiro fotografíaO Vicedo, 16 de febreiro de 2016.- De seguro que a moitos e moitas nos regalaron este nadal unha cámara fotográfica. Ou que a teñamos gardada nun caixón porque o noso móbil é o que usamos para facer fotos. Se é así estás de noraboa.

Nordés organiza un obradoiro gratuito adicado á fotografía para que lle saques partido a ese regalo ou investimento. Un obradoiro que che vai descubrir as posibilidades superiores dunha cámara dixital ou analóxica frente á do teléfono, co cal vas a facer mellores tomas e, o que tamén é moi importante, disfrutar ó facelas e tratalas.

Para elo tan só precisas apuntarte canto antes ó obradoiro, pois ten en conta que tan só hai 15 prazas, as cales se cubrirán por orde de inscrición, podéndose facer a mesma chamando ó teléfono 653756454 (Ricardo), ou ben mandando unha mensaxe a asociacion.nordes@gmail.com

O obradoiro de fotografía de Nordés terá lugar na Casa da Cultura do Vicedo os días venres 26 de 19:30 a 22:00 horas, e sábado 27 de 16:00 a 19:00-

Exit mobile version