Site icon Crónica3.com A Mariña

Novo vehículo para o Servizo Municipal de Vixilancia de Xove

PRESENTACIÓN DO NOVO VEHÍCULO 1Xove, 3 de febreiro de 2016.- Os vixiantes municipais do Concello acaban de estrear coche. Trátase dun Opel Mokka, de 1900 cc, modelo 4×2, tamén chamado todocamiño xa que permite unha excelente circulación mixta, tanto por estradas como por camiños e pistas.

A decisión de mercar este vehículo veu dada, lóxicamente, polo deterioro do anterior, daí que o Concello abrira un concurso para dotar o servizo dun novo, concurso ao cal, por certo, se presentaron 6 ofertas, sendo a gañadora a de Aceña Móvil S.L. de Lugo. O importe investido na adquisición foi de 28.475,42 €, afrontados integramente polo Concello.

A presentación deste novo vehículo foi realizada polo alcalde Demetrio Salgueiro, que estivo acompañado por Marcos Veiga e David Lorenzo, xerente e xefe de vendas, respectivamente, da empresa adxudicataria, así como por Pancho e Juan Carlos do Servizo Municipal de Vixilancia de Xove.

Exit mobile version