Alfredo Llano asegurou que “fixeron moito e moi bo traballo tomándoo con grande interese”. Os alumnos realizaron traballos de pintado de rúas na vila. O rexedor burelés explicou que “a intención do Concello sería conseguir obradoiros que durasen máis de seis meses e se prolongasen durante un ano como viñan sendo hai tempo”. Alfredo Llano engadiu que “tamén se aproveitaría máis un obradoiro que se impartira só no noso concello porque poderían participar un maior número de alumnos e sempre se pode facer máis nun obradoiro concentrado e nun só concello”.
O rexedor manifestou que “a pesares deso, e tal e como están as cousas, tamén este ano trataremos de compartir un novo obradoiro cos Concellos de Cervo e de Xove”. Burela solicita un taller de xardinería, segundo anunciou hoxe Alfredo Llano.