Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela mantivo un encontro coa nova directiva da asociación de veciños O Vencello

OLYMPUS DIGITAL CAMERABurela, 6 de febreiro de 2016.- O alcalde, Alfredo Llano, mantivo este sábado un encontro coa nova directiva da asociación de veciños O Vencello. Na xuntanza falaron daquelas cuestións que lle preocupan ao colectivo veciñal.

O rexedor explicou que “se tratou do primeiro encontro coa nova directiva de O Vencello. Reclamaron melloras na sinalización de determinadas rúas, a colocación de máis papeleiras, a limpeza nas inmediacións da vía do tren… Estamos convencidos de que hai que traballar para o pobo de Burela e iso será bo. Desde o equipo de goberno teremos en conta as demandas que nos fixeron chegar, algunhas das cales xa estaban na nosa axenda de traballo. Tentaremos darlles solución na medida das nosas posibilidades”.

Semana Santa
Alfredo Llano tamén mantivo un encontro cos organizadores da Semana Santa de Burela: “estivemos a falar de cómo executaremos esta vindeira edición, falamos de posibles nosos traxectos para as procesións, da organización de actuacións de música sacra… é dicir de introducir unha serie de cambios e melloras que fagan que a Semana Santa de Burela teña a importancia que se merece”.

Xantar
O alcalde fixo unha valoración moi positiva do paso de Burela por Xantar, en Ourense, e tivo palabras de agradecemento para Absa: “eles foron os que doaron a pescada e o bonito que se ofreceu na degustación gastronómica de onte, venres. Xantar é un bo escaparate para Burela, pensamos que animará e motivará que a xente do sur de Galicia se achegue a coñecernos”.

Exit mobile version