Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Vilalba e a concelleira de Lugo Encarna Amigo formarán parte do comité executivo de Elena Candia

Lugo, 15 de febreiro de 2016.- A candidata á presidencia do Partido Popular de Lugo Elena Candia avanza que, de saír elixida, incorporará ao comité executivo ao alcalde de Vilalba, Gerardo Criado, e á concelleira do Grupo Municipal do PP de Lugo e doutora Encarna Amigo.

A ex presidenta da Deputación segue sumando apoios de todas as agrupacións locais, tras tres presentado o pasado venres un total de 1.450 sinaturas que respaldan a súa candidatura á presidencia do partido.

Gerardo Criado, alcalde de Vilalba, traslada o seu apoio á candidatura que encabezan Elena Candia e Ramón Carballo, ao igual que o fai a Agrupación Popular de Vilalba. Pola súa banda, a reumatóloga Encarna Amigo, quen ten sido membro na xunta do Colexio de Médicos e na presidencia da Sociedade Galega de Reumatoloxía, e actualmente é edil no Concello de Lugo, considera o proxecto da alcaldesa de Mondoñedo “o que mellor garante que o noso partido siga sendo forte e represente a vontade da maior parte da cidadanía”.

Proxecto e achegas dos afiliados
O equipo que lidera Elena Candia comeza mañá a súa campaña interna coa que visitará todas as agrupacións comarcais da provincia para explicar o seu proxecto e pulsar as inquedanzas dos militantes. “Estamos nun momento do proceso no que queremos dar a coñecer as nosas ideas e tamén incorporar as achegas dos afiliados, que serán as que enriquezan o noso proxecto”, engade.

Exit mobile version