Site icon Crónica3.com A Mariña

O Centiño presenta en Burela “O caldeiro máxico”

Burela, 18 de febreiro de 2016.- O auditorio da Casa da Cultura de Burela acolle este venres 19 de febreiro ás 21.00 horas a presentación da obra “O caldeiro máxico”, de José Vázquez Peinó, representada polo Grupo de Teatro O Centiño nun acto organizado pola Delegación Municipal de Cultura,

A entrada será libre a para todos os públicos.

O caldeiro máxico
Na Idade Media , cando o Bispo Santo fixo o seu miragre e se construiu a Basílica en San Martiño, dous peregrinos, avoa e neto, visitaron o lugar. Escolleron unha mala data, a noite de defuntos na que as forzas do máis alá se desatan, os mortos visitan aos vivos, e as bruxas e outros seres máxicos deambulan pola contorna. Nunha taberna de San Martiño xúntanse varias persoas: o taberneiro, un vello con mal xenio, Aldana a empregada, un borrachín asiduo do lugar, Ósos o sepultureiro… Tamén chegaron os normandos: o gran Olaf e o seu aprendiz Erik, que andan na procura do caldeiro máxico e os seus poderes. Finalmente coa axuda da Bruxa Morgana, o caldeiro máxico actuará e todos poderán desfrutar da súa maxia.

Exit mobile version