Desde a directiva de ACIA/CCA de Foz explican que “os que se acheguen a Foz á 6ª Festa da Cociña Afrodisíaca poderán degustar as tapas que atoparán na hostalería participante. Haberá propostas moi orixinais tanto salgadas como doces. De feito as confeiterías Xoyma, Anduriña e Amarena ofrecerán tamén o seu doce especial afrodisíaco para estas datas, que venderán ao prezo dun euro”.
Este venres tivo lugar a presentación da 6ª Festa da Cociña Afrodisíaca e do doce que elaborarán as confeiterías.
No Centro Comercial Aberto focense lembran que “nos establecementos asociados atoparán todo o que precisan para agasallar as súas parellas o día de San Valentín e todos os días do ano. Ademais si empregan a tarxeta do comercio de Foz, xa saben que poden acumular descontos para vindeiras compras”.