Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela imparte un curso de “acreditación do esforzo de integración”

Burela, 1 de febreiro de 2016. O Programa de Inmigrantes da Concellería de Inmigración e Cooperación de Burela vai organizar un cursiño formativo para axudar a alcanzar un bo grado de integración. Esta acción está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo.

A edil Angélica Gómez sinala que “unha novidade introducida no novo regulamento de estranxeiría é a dos informes previstos na Lei orgánica a través dos cales as administración locais e autonómicas poden participar. Os informes de integración poden ser válidos para renovacións das autorizacións, avaliándose especialmente o esforzo de integración da persoa estranxeira acreditando a asistencia ás accións formativas de coñecemento e respecto dos valores constitucionais e estatuarios de España, dos valores da Unión Europea, así como dos dereitos humanos, das liberdades públicas, a democracia, a tolerancia e a igualdade entre homes e mulleres”.

O cursiño ofertado denomínase Curso de acreditación do esforzo de integración. Terá unha duración de 24 horas e será impartido dende o 10 ata o 17 de febreiro no Concello de Burela.

Pódese solicitar máis información na Casa do Concello ou chamando ao 982 58 06 09.

Exit mobile version