Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Mondoñedo aprobará o venres o Plan Xeral de Ordenación Municipal

Mondoñedo, 2 de febreiro de 2016.- O Goberno local do Concello de Mondoñedo daralle luz verde o venres á aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Por este motivo, o equipo de Goberno vén de convocar a todos os veciños e veciñas, a través dun bando municipal, a unha charla informativa para explicar os pormenores do documento.

A reunión celebrarase o xoves día 4 de febreiro, na Casa da Xuventude ás 20:00 horas, durante a que se dará conta das actuacións levadas a cabo polo actual Goberno municipal en relación a este documento e do seu contido.

Os traballos do Goberno local están a dar os seus froitos e o PXOM conta xa coa aprobación do total de 13 informes sectoriais solicitados polos Concello. O documento permitirá que Mondoñedo avance no seu desenvolvemento económico e urbanístico.

Tras a súa aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal someterase a exposición pública ao tempo que se abrirá o prazo para realizar alegacións.

Exit mobile version