O taboleiro e a web do Concello de Viveiro publicaban este venres información sobre procesos selectivos.
Por unha banda, as puntuacións do proceso para a selección de persoal laboral temporal para prestar servizos como auxiliar de recepción (xornada parcial) na piscina municipal e convocatoria dos aspirantes que superaron a puntuación mínima de 5 puntos para realizar a entrevista, no Concello, o luns 29 de febreiro de 2016.
Por outra banda, as puntuacións do proceso para a selección dun peón do servizo de obras (75% de xornada) que prestará servizos temporais, mediante contrato de relevo no Concello de Viveiro e citación dos aspirantes que non acreditaron o nivel de coñecemento do idioma galego esixido na Base Específica 6 (Celga 2) para que comparezan na Casa do Concello, o luns 29 de febreiro de 2016, para realizar a proba de galego.