Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Municipal do PSdG-PSOE de Foz acusa ó alcalde de faltar a verdade nas súas declaracións en prensa sobre o PXOM/IBI

Foz, 22 de febreiro de 2016.- O Grupo Municipal do PSdG-PSOE de Foz acusa ó alcalde de faltar a verdade nas súas declaracións en prensa sobre o PXOM/IBI

PXOM: O alcalde de Foz afirma que de non aprobar provisionalmente o PXOM deberíamos “Asumir un risco moi alto de perda de subvencións e do contrato cos redactores”. A día de hoxe o grupo municipal socialista de Foz non recibiu ningún informe que abale ás afirmacións do Sr. Alcalde.

Tanto ás subvencións como o novo contrato están firmadas polo Sr. Alcalde. O Grupo Municipal Socialista non ten constancia de tales riscos. De ser así, o único culpable sería o Sr. Alcalde por iniciar un trámite sen contar ca maioría da Corporación. Firmar subvencións e/ou contratos adscritas a decisións do Pleno sen ter maioría, é unha decisión política….

Dende o Grupo Municipal Socialista non estamos dispostos a que o Sr. Alcalde de Foz utilice á prensa para “loarnos” polo noso traballo, e nos “inste” a ser leais cando el nin o foi nin o é….nin o quere ser.

Non debemos esquecer que esta nova Lei do Solo pertence o Partido Popular, sen consenso, como xa nos ten acostumados. Lei que contempla a adaptacións dos Plans que teñan a aprobación inicial, como é o caso de Foz.

O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA E O PSOE DE FOZ TRABALLA NO PXOM PARA QUE SEXA O QUE NECESITA FOZ, PRESENTAMOS MODIFICACIÓNS E PROPOSTAS TANTO URBANÍSTICAS COMO TÉCNICAS E ANALIZAMOS UNHA A UNHA ÁS ALEGACIÓNS, INTENTANDO QUE SEXA UN PXOM ADAPTADO O MAIS POSIBLE Á NOVA LEI.

IBI: O alcalde de Foz fala de deixar de ingresar 600.000 euros, non sabemos de onde pode sacar esta cantidade, o único informe de intervención co que contamos é o solicitado mediante providencia de alcaldía para un tipo do 0,54% , nese informe é de salientar que: padrón do IBI ano 2011 1.475.543,67€ padrón do IBI ano 2015 2.354.341,35€. E un informe de recadación que estima que ca rebaixa ata o 0,54% aínda se incrementaría a cota do padrón nun 2%. Sen ter en conta todas as regularizacións catastrais levadas a cabo no 2015, que pagaremos no 2016.

Unha diferenza de 1.000.000 € que pagamos todos os veciños sen que ata o de agora puidésemos ver onde se invertiron ese cartos que pagamos todos.

A rebaixa do tipo de gravame na Ordenanza Reguladora da taxa do IBI ao 0,40% ,proposta polo PSOE e aprobada por maioría polo pleno, é simplemente xustiza para con todos os veciños de Foz.

Rebaixa que xurde para mitigar a suba indiscriminada dos valores catastrais a todos os veciños de Foz nun 40% , e nas distintas parroquias do noso concello en máis dun 200%. Suba propiciada polo Sr. Alcalde, pois foi el quen pediu a suba do 12% dos valores catastrais durante 3 anos, e foi el tamén quen pediu a ponencia de valores parciais (durante unha tramitación dun Plan Xeral) , independente da regularización do catastro.

Dende o grupo municipal do PSOE e o grupo municipal de FPF, se solicitou informe de intervención da rebaixa ao 0,4%, informe que nestes momentos non nos foi remitido. Por outra banda, presentaríamos un reaxuste de presupostos… pero claro É QUE NON TEMOS PRESUPOSTOS ….porque o sr. Alcalde e o seu equipo de goberno non os presentaron.

SOMOS UN CONCELLO QUE TEN DEUDA CERO COS BANCOS!!!!!! ORGULLOSO: O PARTIDO POPULAR!!!!
ORGULLOSO: O NOSO ALCALDE!!!
DENDE O GRUPO MUNICIPAL DO PSdeG-PSOE DE FOZ: SEGUIREMOS INTENTANDO QUE SEXAMOS NOSOUTROS,OS VECIÑOS, OS QUE NON TEÑAMOS QUE PEDIR ESES PRÉSTAMOS ÓS BANCOS PARA PODER PAGAR ESA SUBA DA QUE O ALCALDE ESTÁ TAN ORGULLOSO.

Exit mobile version