Luns, 23 de febreiro de 2016.- O Grupo Provincial do PP esíxelle á deputada socialista Sonsoles López Izquierdo que rectifique as “gravísimas acusacións” que verteu contra os populares. No caso de non rectificalas, e despois de que os populares abandonaran o Pleno cando se debatía esta moción, esíxelle ao presidente que a obrigue a dimitir, posto que se trata dunha falta de respecto intolerable para os seus compañeiros de Corporación aos que acusou de “agresores das mulleres”.
Esta incidencia provocada pola deputada socialista tivo lugar cando se debatía a moción sobre a petición do Goberno provincial dun Xulgado específico de violencia de xénero para Lugo. A voceira do PP, Elena Candia, pediu ata en tres ocasións que rectificara o seus insultos, unha demanda que a deputada socialista desatendeu coa actitude cómplice do presidente da Deputación e de todo o bipartito.
Xulgado de Violencia de xénero
Antes do debate sobre a moción relativa á creación dun Xulgado específico de violencia de xénero en Lugo a Corporación gardou un minuto de silencio, a petición do Grupo Provincial Popular, pola última vítima na provincia, asasinada en Becerreá. O PP anunciou que se abstería no votación ao entender que pasan por alto cuestión a ter en conta como que esta petición debe responder ao número de delitos que se producen nos partidos xudiciais. Os populares explicaron ademais que a petición non se debe dirixir á Xunta senón ao Consello Xeral do Poder Xudicial, que é quen decide sobre este tipo de xulgados específicos en función do número de delitos que lle remite cada Tribunal de Xustiza.
Finalmente os populares no votaron este punto ao decidir abandonar o Pleno tras as gravísimas palabras dirixidas pola deputada socialista contra os populares.