Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Provincial do PP recórdalle ao Señor Campos que “seguen á espera” dunha proposta de Orzamentos que inclúa as súas demandas

Lugo, 20 de febreiro de 2016.- O Grupo Provincial do PP recórdalle ao Señor Campos que “seguen á espera” desde a última reunión dunha proposta de Orzamentos “por escrito” que inclúa as demandas que os populares teñen trasladado. Entre elas, a blindaxe dos servizos sociais, que se tripliquen os recursos destinados ao POS e que se cumpran os acordos tomados no Pleno e nas xuntanzas de Suplusa.

A voceira do Grupo Provincial do PP, Elena Candia, asegura que “as únicas liortas internas” que teñen paralizada a institución provincial son as que manteñen os membros do bipartito. Candia explica que a demora na aprobación das contas se debe “única e exclusivamente” á nula vontade política do bipartito e á súa falta de compromiso cos lucenses, polo que precisa que “están eles para dar leccións”.

Os populares recordan que lle teñen solicitado ao presidente da institución, o socialistas Darío Campos, que lles faga chegar por escrito unha proposta de Orzamentos na que se inclúan as peticións dos populares. “Son esixencias irrenunciables que permitirán que esta provincia avanzara e mellorara a calidade de vida dos veciños e veciñas, polo que o único que bloquea que poidamos materializadas é a escasa capacidade de traballo que está demostrando o bipartito”, indica.

“Se realmente teñen vontade de aprobar os Orzamentos, engade Candia, que nos entreguen esa proposta responsable que o PP comprométese a avaliala tan pronto a teña para que esta provincia non siga sumida na parálise pola culpa dun presidente que xa ten demostrado que o cargo lle vai demasiado grande”.

Exit mobile version