Site icon Crónica3.com A Mariña

O local social de Cabarcos, en Barreiros, acollerá o 16 de febreiro unha charla sobre as subvencións para a rehabilitación de vivendas e edificios no ámbito dos Camiños de Santiago

Barreiros, 10 de febreiro de 2016.- O local social de Cabarcos, en Barreiros, acollerá o vindeiro martes, 16 de febreiro, ás cinco da tarde unha charla informativa sobre a convocatoria de subvencións que sacou a Xunta de Galicia o pasado 28 de decembro para a rehabilitación de vivendas e edificios no ámbito da área de rehabilitación integral (ARI) dos Camiños de Santiago.

O alcalde, Alfonso Fuente, explica que “na charla resolveranse cantas dúbidas poidan xurdir sobre esa convocatoria”. A cita está destinada aos veciños e veciñas das parroquias de Vilamartín Pequeno, San Xulián de Cabarcos e San Xusto. O rexedor asinou hoxe un anuncio informando desta xuntanza da vindeira semana.

Exit mobile version