Site icon Crónica3.com A Mariña

O Museo do Mar de San Cibrao permanecerá pechado o martes de Entroido

O Museo Provincial do Mar de San Cibrao permanecerá pechado o próximo 9 de febreiro, Martes de Entroido; ao ser festividade local no Concello de Cervo. Esta institución museística conta con un horario que lle permite estar a disposición do público a práctica totalidade de días do ano, cun horario de martes a sábado de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas e domingos de 11.00 a 14.00 horas. Este horario amplo permítelle establecer unha vocación de servizo que se adapta ás necesidades de veciñanza e visitantes.

Desde o Museo Provincial do Mar e a Rede Museística Provincial de Lugo lamentan profundamente as molestias que poda ocasionar este particular que é claramente excepcional respeito ao carácter interrumpido do seu horario de abertura. Igualmente convidan a visitar o museo no seu horario antes indicado, lembrando o carácter gratuíto de todas as visitas.

Exit mobile version