Fraga Paz explicou que así llo transmitiu a delegada da Xunta en Lugo durante unha reunión mantida a petición súa, precisamente para interesarse polo estado no que se encontra o proceso.
Neste senso, segundo indicou o voceiro dos populares en Alfoz, están xa prácticamente rematados os traballos de replanteo e de colocación de marcos das fincas de reemprazo polo que a seguinte fase sería xa a toma de posesión provisional. Esto significaría que os propietarios poderían usar xa as súas fincas nun prazo relativamente breve.
A delegada da Xunta en Lugo explicoulle, que aínda que os prazos seguen o curso previsto, é unha concentración moi complexa, tanto pola importante superficie que ocupa, máis de 1.500 hectáreas, como polo número de parcelas iniciais, preto de 8.000, e de propietarios, máis de 1.700.
Fraga Paz dixo tamén que Raquel Arias lle dera pormenorizada información sobre as obras que se está a executar na rede de camiños secundarios da zona de concentración e cuxo orzamento total ascende a 524.000 euros, dos que case 150.000 xa se investiron o pasado ano e, o montante restante, gastaranse este ano.