Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela celebrará as votacións para a elección de compromisarios na sede do partido

Burela, a 19 de febreiro de 2016.- O Partido Popular do concello de Burela celebrará o vindeiro luns, día 22, entre as sete da tarde e as nove da noite, e na súa sede local, as votacións para a elección dos compromisarios que asistirán ó congreso provincial do partido.

Á agrupación local de Burela correspóndenlle dez compromisarios; polo tanto, dado que hai máis candidatos dos que corresponden, procede, en función do regulamento do congreso, celebrar votacións, nas que poderán participar aqueles afiliados que esteñan ó corriente do pago das súas cuotas. Cada candidato poderá marcar un máximo de dez candidatos na papeleta de votación.

O presidente da agrupación local e portavoz municipal, José María González Barcia, é compromisario nato por pertenecer ó comité executivo provincial.

Exit mobile version