Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro informa das respostas do Goberno Local ós Rogos do último Pleno

rotonda-verxelesO grupo municipal do PP de Viveiro presentou no ultimo Pleno Ordinario (03/02/16) unha serie de rogos e preguntas dirixidas á Alcaldesa para que fosen contestadas ben de xeito oral ou por escrito. Como queira que alguhas delas foron contestadas por escrito e dado que os veciños de Viveiro desconocen o contido das mesmas, e polo que as damos a coñecer, máxime cando non estamos dacordo coas respostas dadas pola Sra. Alcaldesa.

O grupo municipal do PP facíamos un rogo para que se mellorase a deficiente iluminación eléctrica da zona de xogos de Parquemar – a pesares da súa reciente renovación e despois de que a execución de dita obra tivese o parque máis de catro meses pechado-. A resposta do goberno local limitouse a aceptar esta máis que probable deficiencia e a recoñecer que con toda probabilidade fose necesario poñer luminarias de máis potencia , pero que habería que esperar polo informe do electricista municipal e do director da obra . Agardamos que ditos informes non tarden tanto coma a execución desta obra, programada para un mes e que durou catro.

Seguindo con problemas de iluminación, o noso grupo planteaba outro rogo para a mellora da iluminación da rotonda de Verxeles, pero en contra da nosa opinión, a Sra. Alcaldesa considera suficiente a iluminación da mesma, aínda que non descartaba que no futuro se puidese colocar unha farola no centro da rotonda. Dende o PP so agardamos que esta insuficiente iluminación non provoque ningún incidente que despois teñamos que lamentar.

Noutro dos rogos presentados neste pleno, demandábamos unha serie de melloras no calexón da rúa Amargura de Celeiro, tales como a mellora das escaleiras empinadas , a limpeza do lodo acumulado en algunhas zonas e mesmo a escasa iluminación eléctrica, ó obxecto de evitar caídas como as que teñen sucedido últimamente. Por parte da Sra. Alcaldesa contestábasenos que se atenderían as nosas demandas cando fose posible, pero sin concretar data para estas actuacións. O noso grupo reiterábamos este asunto unha vez máis de maneira urxente, para evitar riscos innecesarios para os usuarios desta zona, pensando sobre todo nas persoas de máis idade.

O noso grupo solicitaba así mesmo máis alumeado público na estrada LU-862 que vai de Viveiro – Ferrol , sendo a única das entradas ou salidas do noso Concello que nun ten un alumeado en condicions ( en concreto no barrio de Escourido ), sendo a resposta obtida por parte da Sra. Alcaldesa de que se dirixirían á Conselleria de Infraestructuras da Xunta ( titular do vial ) para esta levara a cabo a súa mellora, ó tempo que afirmaba que as vivendas da zona xa dispoñían de iluminación suficiente , situación que se contradice coa opinión dos veciños de Escourido, que se teñen dirixido a este grupo ante o que eles consideran unha escasa iluminación.

Noutro dos rogos presentados, solicitábamos do gobernó local que se cortase a maleza e se adecentase o mirador do Pirixel ( o dia de hoxe a situación sigue igual ) así como a colocación dun panel indicativo da zona. A Sra. Alcaldesa comprometíase á limpeza e adecentamento da zona e trasladar a petición do panel indicativo ó arquitecto de Excelencia Turística do Concello.

Por todo o exposto este grupo municipal do PP de Viveiro, esixiremos que o equipo de goberno socialista cumpla as demanda dos veciños reflexada nestes rogos.

Exit mobile version