Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro presenta un rogo solicitando a remodelación da Rúa Grande de Celeiro

rua grandeViveiro, 25 de febreiro de 2016.- Belinda Bermúdez Otero, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación o seguinte ROGO para o próximo Pleno, ó obxecto de que se subsanen as deficiencias sinaladas coa maior prontitude posible:

Varios veciños da Rúa Grande de Celeiro nos fixeron chegar o seu malestar e descontento co estado do firme de dita rúa, o cal se encontra con desperfectos dende o cruce dos Catro Camiños ata a zona arranxada. En plena campaña electoral das eleccións municipais vostedes indicaban que levarían a cabo a remodelación total da Rúa Grande de Celeiro.

Por este motivo, é polo que lle rogamos á Sra. Alcaldesa cumpla coas suas promesas e procedan canto antes a dita remodelación.

Exit mobile version