Site icon Crónica3.com A Mariña

O programa Reforma15 da Xunta facilita a modernización de cociñas e baños en preto de 3.000 fogares galegos

EL DIRECTOR DEL IGAPE JAVIER AGUILERA VISITA ARIAS NADELALugo, 12 de febreiro de 2016.- Preto de 3.000 fogares galegos impulsaron a modernización das súas cociñas e baños ao abeiro das axudas activadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria co programa Reforma15, desenvolvido coa colaboración activa do sector e que xuntou aos apoios da Xunta e as rebaixas das empresas adheridas acadaron cubrir arredor do 40% dos importes de mobiliario e materiais.

Entre as empresas colaboradoras destacou pola súa actividade na zona norte, Arias Nadela, con establecementos en Lugo e na Coruña. O director do Igape, Javier Aguilera, visitou este venres o centro emprazado na localidade lucense, onde destacou que as axudas concedidas a través do Igape no marco deste programa roldaron os 2 millóns de euros.

O programa Reforma15, que contou coa colaboración da asociación sectorial que agrupa ás empresas de materiais de construción (ASEMACO), conseguiu a adhesión de máis de 300 empresas con 380 establecementos subministradores de mobles e materiais de construción para cociñas e baños.

Durante a súa visita Aguilera tamén resaltou o efecto positivo da colaboración pública e privada no ámbito do Reforma 15, impulsando vendas por case 11 millóns de euros e mobilizando uns investimentos estimados en máis de 20 millóns, como resultado da dinamización da actividade e o emprego entre as empresas e autónomos do sector da construción.

Así mesmo, a través do programa Reforma15, o Igape apoiou as compras de materiais ou mobiliario para cociñas ou baños realizadas por particulares con axudas que oscilaron entre 200 e 1.000 euros, e que cubriron o 20% dos investimentos subvencionables. Pola súa parte, as empresas colaboradoras realizaron un desconto equivalente, polo que a rebaixa global das operacións roldou o 40%.

Con este programa, a Xunta de Galicia apoiou ás familias galegas no acondicionamento das súas vivendas para mellorar o seu confort, estimulando, ao mesmo tempo, a demanda en sectores relacionados coas reformas e a rehabilitacións de inmobles, contribuíndo así a xerar actividade e emprego entre as Pemes.

Javier Aguilera salientou que promover a actividade empresarial, para consolidar o crecemento económico e facilitar a creación de emprego, e tamén o obxectivo que busca a Consellería de Economía, Emprego e Industria coa activación de novas liñas de axuda para 2016. As convocatorias activadas a través do Igape están dotadas con máis de 30 millóns de euros e están orientadas a facilitar a realización de novos investimentos, a mellora da competitividade ou a internacionalización das empresas.

O Igape mantén aberta a convocatoria de programas como o Galicia Inviste para impulsar novos investimentos, ou o Galicia Emprende, para apoiar proxectos impulsados por novos emprendedores, dotados con case 16 millóns de euros. Convocou tamén o programa para impulsar proxectos no ámbito da fábrica 4.0 e, para mobilizar financiamento de circulante para as Pemes, activou o Resolve 2016 e un programa específico para explotacións leiteiras.

Por outra banda, o Instituto publicou axudas dotadas con case 10 millóns de euros para impulsar accións e estratexias individuais ou agrupadas de internacionalización para as Pemes, e para facilitar a contratación polas empresas de xestores expertos en comercio exterior.

Exit mobile version