Santi poñía o 1-0 para o Ribadeo no primeiro minuto de partido ante un dos favoritos a disputar a promoción de ascenso, o Choco. Pouco despois Iván González anotaría o 2-0. Pouco despois da media hora de xogo, David Rodríguez lograba tamén bater a David Cortegoso.
Diego Silva anotaba para os visitantes no muinuto 51 e o marcador xa non se movería do definitivo 3-1 co que os de Germán e Fiz asinaban unha merecida vitoria.
A vindeira xornada os celestes visitan ao Silva.