Site icon Crónica3.com A Mariña

O salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo acollerá o martes 16 unha charla sobre as axudas para rehabilitar inmobles no ámbito do Camiño de Santiago

Ribadeo, 12 de febreiro de 2016.- O salón de actos da Casa do Mar, de Ribadeo, acollerá o vindeiro martes, día 16, ás oito da tarde unha charla sobre as axudas para rehabilitar inmobles no ámbito do Camiño de Santiago.

O alcalde ribadense, Fernando Suárez Barcia, explicou este venres que “o día 28 de decembro de 2015 publicouse no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se abre o prazo para solicitar a participación para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago. Entre eles figura o Camiño Norte, que discorre polo noso concello e que atinxe ás parroquias de Ribadeo vila, Ove, Arante, Covelas, Cedofeita e Vilaselán. Técnicos da Xunta de Galicia desprazaranse a Ribadeo para impartir unha charla e así resolver as dúbidas que poidan xurdir respecto desta convocatoria de subvención. A cita terá lugar o vindeiro martes, día 16 de febreiro, ás 20 horas no salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo”.

“Como alcalde deste Concello compráceme convidalo a esta charla, que considero poida ser do seu interese. E tamén lle transmito que vostede pode pasar pola Oficina Municipal de Rehabilitación, sita na planta baixa do Concello, para recibir toda a información a respecto desta convocatoria de subvención, no horario de luns a venres de 9 a 14 horas”, engadiu Fernando Suárez nun escrito dirixido aos veciños que poden beneficiarse destas axudas.

Exit mobile version