Site icon Crónica3.com A Mariña

O SEVA cambia de directiva

directivas-sevaO Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA) que dende que se creou, hai 5 anos, contribúe a dinamizar a vida cultural de Alfoz e O Valadouro, vén de cambiar a súa Directiva. Nunha Asemblea Xeral celebrada o sábado 13 de febreiro no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz deixaron os seus postos Xabier Pardiñas (que levaba xa 4 anos de Presidente do SEVA), Pablo Maseda (que exercía de Tesoureiro) e Jordi Melían (Secretario).

A nova Xunta Directiva estará presidida por Pepe Peinó, sendo Secretario Santiago Quirós (orientador), Tesoureira Aurora Geada (profesora) e Vogais Pilar Díaz (profesora), Alberto Geada (zoqueiro), Manuel Álvarez (comercial), Pablo Maseda (xestor), Eduardo Rega (empresario) e Lionel Rexes (profesor e escritor).

A anterior Xunta Directiva veu recoñecido o seu traballo polos demais socios e a Directiva entrante propúxose continuar os proxectos da anterior, como o Curso de Cestería, o Festival de Cine e a colaboración no Mercado Medieval de Alfoz, e intentar comezar outros novos. Tanto uns como outros afirmaron o seu compromiso de continuar colaborando para a dinamización cultural do Val do río Ouro.

Exit mobile version