Site icon Crónica3.com A Mariña

Os fillos e o maltrato da muller

“Puta”, “raposa”, “inútil”, “filla de puta”, son os apelativos agarimosos que adoitan escoitar, a diario e con voces atronadoras, os fillos e fillas dos maltratadores. Iso, si non se lles vai a man ás agresións físicas. Dise e repite, ata unha absurda e non practicada saciedade, que as decisións sobre custodia compartida e réxime de visitas do proxenitor resólvense en beneficio do menor. Curioso parapeto que só esconde que quenes aproban as leises son na súa ampla maioría homes-macho en defensa dos propios privilexios, e que quen as aplican tamén o son.

Desde que nacemos comezamos a aprender todo cos sentidos postos no que nos rodea, asumimos como normal o que vivimos ao redor, o que nos transmiten, con feitos ou parolas, quenes supónse que coidan da nosa supervivencia e benestar. Cando un neno está vendo á súa nai recibir malleiras, desprezos e insultos, e reaccionar con bágoas e sufrimento, entende que esa é a forma normal de relacionarse coa parella, aínda que non lle guste, aínda que lle cause desasosego e congoxa, e custaralle abandonar ese carril nas súas reaccións primarias, e acabará insultando e desprezando, ata, á súa propia nai. Cando unha nena ve á súa nai consentirse en vítima de insultos, agresións e menosprecios pode asumir que ela tamén vivirá así ou enfrontarse abertamente e crear unha distancia na súa relación cos homes.

En calquera caso, non se entende como logo de tanta excelencia en estudos psicolóxicos e sociolóxicos que demostran que a imitación ambiental do visto e vivido na infancia tende a reproducirse na idade adulta, poden seguir vixentes leises que poñen en mans de maltratadores e violentos a convivencia con menores. Sometido á obrigación periódica de verse e compartir cun pai que lle inspira desasosego, senón medo, cun pai que non é protector senón destructor da súa tranquilidade e da súa confianza, cun pai que lle fala mal da súa nai, créalle zozobra e destrúe a súa paz infantil, o menor non é un ben protexido, senón un instrumento máis que facilita as ardides do machismo dominante.

Incontables nais queiman a súa mocidade soportando o indecible ata a maioría de idade dos seus fillos para non ter que pasar, e facerlles pasar, este transo, porque cun violento non é posible o diálogo nin o acordo. Menudo país de o carallo e o que fixemos e disfrutamos.

Otero Regal.

Exit mobile version