Un trazo que vexo nas novas xeracións é a total falta de coñecemento respecto de o anterior a eles. Todo o que veu antes élles ou descoñecido ou simplemente non lles interesa. Como se eles fosen os primeiros. Obviamente, a mocidade ha de facer o seu camiño e ter as súas propias vías de expresión, e non ten que constreñirse ao que os anquilosados lles digámos. Iso foi así sempre. Pero creo non estar demasiado equivocado ao afirmar que antes coñeciamos mellor aos nosos pais e o que a eles lles motivaba e estimulaba. E os nosos pais soubérono dos seus. Ata temos degustado o que os nosos avós apreciaban, aínda que xa non fóra exactamente o noso mundo.
Sempre houbo brecha entre os mozos e os maiores, pero teño a sensación de que agora é moito maior, que o meu mundo, que engloba moitas cousas dos inmediatamente anteriores, xa non é o seu, que a comunicación é imposible. Talvez é que me faga vello e empezo xa con iso tan antigo (Platón xa o facía dicir a un dos personaxes dos seus diálogos) de que os mozos non respectan nada.
Dixo Newton que si logrou ver máis lonxe que os demais é porque se subiu aos ombreiros de xigantes (referíndose a outros científicos do pasado). Teño a sensación de que os novos mozos creen que ven moi lonxe sen necesitar subirse a nada, o cal lles empequeñece.
Otero Regal.