Site icon Crónica3.com A Mariña

Os segundos da táboa achéganse aos primeiros a falta de 4 tiradas para o remate da Liga de Bolos de Xove

O gañador da tirada do Cruceiro, Sócrates Campo, foi o principal beneficiado da XXVII TIRADA DE BOLOS – XVI SUB 16 – VII LIGA FEMININA de Xove. A vitoria permítelle reducir distancia co líder situándose a 16 puntos da cabeza a falla de 4 tiradas para rematar.

Rafa deberá estar atento se non quere pasar dificultadas ao final. Sócrates tamén consigue pór terra de por medio cos seus perseguidores, alonxando a Francisco Pérez e Arturo Vigo a 18 e 19 puntos, respectivamente.

Pero, aínda queda Liga, e pode haber importantes sorpresas nas últimas tiradas.

Liga Sénior Feminina
Continúa o toma e daca entre Salomé Cardoso e a actual campioa Belén Meitín. Despois de recortar distancias con Salomé, Belén ve como Salomé se alonxa novamente e, con 7 puntos de ventaxa, adquire un excelente colchón para afrontar as últimas tiradas. Con todo, a ventaxa aínda é moi curta para que Salomé cante vitoria. Por detrás, Salomé Bermúdez e Carmen Roca seguen a súa pugna particular pola terceira posición. Neste caso con ventaxa para Carmen que consigue recortarlle en 4 puntos. Emocionante final se espera nesta categoría a falla das citadas 4 tiradas.

Liga Sub 16
Quinta vitoria de Miguel López, que nesta segunda volta do campionato está impoñéndose claramente ao seu principal rival, Daniel Alonso. Daniel, grazas á súa primeira volta, con vitorias nas 7 primeiras tiradas, mantén aínda agora unha importante ventaxa que se veu moi mermada grazas ás excelentes actuacións que Miguel López está realizando nesta parte do campionato.

Pola parte de abaixo, Julia, Javier e Juan Manuel vanse xogar tamén un sitio no podio, con ventaxa, polo momento, para Julia, que lle saca 2 e 7 puntos respectivamente aos seu rivais.

A vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE A VARA, O 13 DE FEBREIRO, DE 2016. O vindeiro sábado non hai tirada debido á celebración do Entroido.

CAMPIONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE  O CRUEIRO   (30 XANEIRO 2016)

   31  INSCRITOS: 18 NA LIGA SENIOR,   5  NA LIGA SUB 16   E   8 NA LIGA FEMININA

CLASIFICACIÓN                                              NOME TANTOS

PUNTOS

LIGA SENIOR

PRIMEIRO SÓCRATES CAMPO SUÁREZ

304

12

SEGUNDO JORDI MEITÍN SUÁREZ

300

10

TERCEIRO ARTURO VIGO CASABELLA

297

8

CUARTO JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO

282

7

QUINTO FRANCISCO PEREZ GONZÁLEZ

266

6

SEXTO JOSÉ RAFAEL GNZÁLEZ BERMÚDEZ

260

5

SÉTIMO JOSE VIGO LAGE

259

4

OITAVO C. JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA

259

3

NOVENO RAMÓN FRANCO BERMÚDEZ

255

2

DÉCIMO MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ

230

1

MELLOR BOLADA JORDI MEITÍN SERANTES

91

1

LIGA SUB 16

PRIMEIRO MIGUEL LÓPEZ FORMOSO

258

6

SEGUNDO JULIA LÓPEZ FORMOSO

197

4

TERCEIRO JAVIER ALONSO LÓPEZ

168

3

CUARTO DANIEL ALONSO LÓPEZ

135

2

QUINTO RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO

121

1

MELLOR BOLADA MIGUEL LÓPEZ FORMOSO

74

1

LIGA FEMININA

PRIMEIRO SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ

249

6

SEGUNDO CARMEN ROCA CORRAL

227

4

TERCEIRO BELÉN MEITÍN ROUCO

219

3

CUARTO DOLORES BAÑO FRAGA

159

2

QUINTO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ

156

1

MELLOR BOLADA SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ

88

1

Exit mobile version