Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas do Vicedo presentan moción relativa á revisión catastral

O Vicedo, 17 de febreiro de 2016.- Vicente César Parapar Carreja, concelleiro do Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG-PSOE), en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicación, presenta, diante do Pleno da Corporación esta MOCIÓN relativa á REVISIÓN CATASTRAL, en base a seguinte:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O procedemento de revisión catastral impulsado dende o Ministerio de Facenda co obxectivo de aumentar a recadación e intentar sanear as contas dos concellos, vai a ocasionar un impacto importante sobre os habitantes do medio rural en xeral e sobre todo sobre as explotacións agrarias e gandeiras.

Esta revisión da resposta a aplicación da resolución da Dirección Xeral do Catastro de setembro de 2013, que marca como prazo ata o ano 2016 para levar a cabo dita actualización.

Este proceso consiste fundamentalmente en que se están a catastrar todas as fincas do rural, así como a dar de alta bens como instalacións rústicas que son catalogadas como almacéns ou vivendas.

Isto ten como consecuencia que as instalacións agrarias inclúense no Imposto de Bens e Inmobles, é dicir, pasan a pagar instalacións que ata agora estaban exentas de facelo.

Tal como recolle o artigo 74 da Lei Xeral Tributaria que permite as bonificacións potestativas, e establece que “os concellos mediante unha ordenanza poderán regular as bonificacións de ata o 95% da cota íntegra do imposto a favor dos inmobles nos cales se desenvolvan actividades económicas que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por darse circunstancias sociais, culturais, históricas, artísticas ou de fomento de ocupación.

Do mesmo xeito a normativa permite ó Concello decidir o coeficiente a aplicar sobre o valor catastral entre o 0,3% e o 0,9%.

Por todo o anterior, este concelleiro, dado a importancia que o sector agrario representa neste Concello, como dinamizador fundamental e base da nosa economía produtiva e polo tanto de especial interese municipal, insta ó Pleno municipal a adopción dos seguintes ACORDOS:

Establecer o máximo permitido de bonificación do 95% da cota íntegra do IBI para os bens inmobles nos cales se desenvolvan actividades agrícolas ou gandeiras.

Para as explotacións agrícolas e gandeiras ó coeficiente de tributación a aplicar sobre o valor catastral será de o 0,3%.

Exit mobile version