Site icon Crónica3.com A Mariña

Prazas libres para maiores de 55 anos nun curso sobre novas tecnoloxías no Valadouro

Aínda quedan prazas libres para poder anotarse ao curso de novas tecnoloxías para maiores de 55 anos que dará comenzo o vindeiro 16 de febreiro no Valadouro e se estenderá ata finais de maio.

Con este curso sacaránlle máis partido ao seu smartphone, aprenderán a usar as aplicacións máis cotidiás, así coma outras máis novedosas. Tamén haberá apartados para a estimulación da memoria que se farán a través tanto das aplicacións como de xogos.

Os días e horarios para a realización do mesmo serán os martes e xoves de 11.30 a 13.00 horas.

Os interesados poden inscribirse ou solicitar máis información nas oficinas da Casa do Concello do Valadouro en horario de 08.30 a 15.00 horas de luns a venres.

Exit mobile version