Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentado o equipo federado de tenis de mesa do Club de San Ciprián, que compite na segunda división galega

250216 Presentación Equipo Tenis Mesa San CipriánCervo, 25 de febreiro 2016.- O Concello ven de presentar o equipo federado de tenis de mesa do Club de San Ciprián. Á presentación asistiron o alcalde, Alfonso Villares, e o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto, xunto a directivos do Club de Tenis de Mesa de San Ciprián.

O Concelleiro de Deportes, José Ramón Soto, lembra que “aínda que a súa fundación data do ano 2011 e ten un total de 25 socios é agora cando decidiron competir de forma federada. Para elo o Concello dotou ao equipo dos materiais necesarios e equipamento para o desenrolo deste deporte.” Soto salienta que “o equipo compite na segunda división galega de tenis de mesa ademais de dedicarse á ensinanza dos máis mozos, actividade que se desenrola no pavillón municipal de San Ciprián todos os venres entre as cinco e as seis e media da tarde de balde tanto para os socios do club como para todos aqueles nenos que queiran iniciarse nesta bonita actividade”.

O Concelleiro de Deportes engade que “por parte do Concello de Cervo e da directiva do Club de Tenis de Mesa de San Ciprián animamos a todos os que desexen participar neste deporte que se acheguen ás instalacións do pavillón polideportivo de San Ciprián a presenciar ou a participar nas actividades”. José Ramón Soto salienta que “esta é outra mostra das numerosas actividades lúdicas e deportivas que se desenvolven no concello de Cervo coa finalidade de facer a vida máis agradable aos nosos veciños”.

Exit mobile version