Site icon Crónica3.com A Mariña

Profundizando na espeleoloxía no Martínez Otero de Foz

espeleoloxia-martnzoteroO Colexio Martínez Otero de Foz acollía este venres unha charla sobre “A espeleoloxía como deporte e como exploración” impartida polo espeleobuceador asturiano Jesús Manteca, colaborador durante 11 anos de Al Filo de Lo Imposible. Tras expoñer ao alumnado da ESO aspectos xerais relacionados coa espeleoloxía, tamén se proxectaba un vídeo sobre a exploración na que está inmerso agora mesmo o relator, a do “Pozu los Covazos” na Serra do Sueve en Asturias, para rematar cunha quenda de preguntas. Foi unha actividade interesante que complementa aspectos relacionados coa Ed. física, a Xeografía e as Cencias Naturais – Xeoloxía que aparecen nos currículos dos diferentes cursos.

Exit mobile version