Site icon Crónica3.com A Mariña

Protección Civil de Mondoñedo abre o prazo para novas inscricións, continuidades ou baixas da agrupación

Mondoñedo, 23 de febreiro de 2016.- Co obxecto de actualizar a listaxe de todos os membros dos que dispón a día de hoxe, a Agrupación de Protección Civil de Mondoñedo abre un prazo tanto para a formalización de novas inscricións, como para precisar a continuidade na formación ou, se o desexan, causar baixar da mesma.

Deste xeito, os voluntarios que queiran seguir sendo membros da Agrupación de Protección Civil, terán que remitir de novo os seus datos para proceder a actualización dos mesmos, así como informar sobre a súa dispoñibilidade indicando días e horarios.

Transcorrido un prazo de quince días sen obter resposta, infórmase que entenderase que o voluntario causa baixa na Agrupación aínda que, se por calquera motivo, non puidese apuntarse, se o desexa poderá facer unha nova alta.

Para calquera dúbida ao respecto, os voluntarios poden recibir máis información nos teléfonos 629 435 373 e 654 501 808; ou ben enviar un correo electrónico á seguinte dirección: proteccioncivilmondonedo@gmail.com.

Exit mobile version