Site icon Crónica3.com A Mariña

RadioVoz A Mariña convida a concursar polo San Valentín

7 de febreiro de 2016.- En Voces da Mariña (11 a 12. 102,3 FM en Ribadeo e 88,5 en Viveiro) e ó longo desta semana (do 8 ao 12), convídase aos oíntes a seleccionar unha canción de amor (con ou sen adicatoria) a través dunha mensaxe privada no facebook RadioVoz A Mariña. Estas cancións emitiranse no programa e entre todos os participantes sortearase unha cea para dous en Casa Do Sixto, Cordido para o San Valentín ou en calquera outra data.

Exit mobile version