Site icon Crónica3.com A Mariña

Raquel Arias: “Cada cousa ó seu tempo. A elección da nova presidenta do PP de Lugo é o 6 de marzo”

Lugo, 22 de febreiro de 2016.- A candidata á presidencia do Partido Popular de Lugo “lembra” que o congreso extraordinario da formación política celébrase o vindeiro 6 de marzo.

“Hai algúns que parecen estar despistados sobre as etapas que fixa o propio proceso de elección da executiva provincial do Partido Popular de Lugo no que estamos inmersos”, explica Raquel Arias. “Semella que lles gustaría poder saltarse etapas. Deben ter presente nembargantes que hai que facer cada cousa ó seu tempo”.

Así, a candidata popular salienta que “hoxe” o que toca é elixir aos compromisarios que representarán o vindeiro 6 de marzo a nove agrupacións locais da provincia. “Animo ós afiliados a que participen nesta elección, que exerzan o seu dereito ó voto e que o fagan en conciencia e con liberdade”, explica. “E pídolle ós responsables do control desta votación que se aseguren de garantir a transparencia e o segredo do proceso”, remarca.

Na opinión de Raquel Arias, a explicación que se está a facer ante a militancia das diferentes concepcións que para o futuro do partido na provincia de Lugo teñen cada unha das dúas candidatas e a implicación que está a ter a militancia neste proceso “é, de por sí, un soplo de aire fresco para a nosa organización”. “Un soplo de aire fresco que necesitábamos e que estou convencida de que beneficiará ó Partido Popular de Lugo”, asegura.

Arias, que seguirá mantendo reunións coa militancia ata a celebración do cónclave, recalca que o congreso extraordinario do Partido Popular de Lugo celébrase o 6 de marzo. “Será entón, e non antes, cando se saiba o grao de respaldo que por parte dos compromisarios ten cada unha das candidaturas que se presentan”, conclúe.

Exit mobile version